Como xa sabedes MakerSchool é a empresa solidaria do IES de Meaño, un dos proxectos gañadores da II Edición do Concurso Proyecta Innovación.
Este ano traballaron moi duro e agora tócalles poñer o broche final ao proxecto, e fano cunha carreira solidaria “Ponte en marcha, pasa el testigo solidario” . Están convidados todos os centros (profesores e alumnos) que queiran participar.
Ademais, durante esa xornada festiva, queren tamén compartir con todos o que aprenderon durante este ano. Realizarán talleres educativos sobre: robótica, impresión e modelado 3D, deseño 3D, xadrez e arte na nube.
Por se fora pouco todo o anterior, farán entrega do seu donativo á ONG seleccionada polos alumnos. Obtido da recadación da venda dos artigos deseñados por eles ao longo do curso.
A ONG á que destinarán o seu donativo é a Asociación contra o Cancro (aecc)
Convidámosvos a todos a participar e a compartir con eles unha xornada cargada de sorpresas, deporte e aprendizaxe.
Parabéns pola iniciativa!
Máis información: www.makerschool.es