"Buscando a Valle" proxecto do IES Faro das Lúas, premiado con un accésit no III Concurso Proyecta Innovación.
Diego Abarca, profesor responsable do proxecto, coméntanos os avances:
"O noso produto final, un novo servizo turístico para Vilanova de Arousa baseado na figura de Valle-Inclán, está dividido en catro formatos con distintas fases de realización. Coméntoas:
- Ruta virtual: cos lugares máis significativos da vida de Valle-Inclán elaboramos un mapa virtual en Google Maps, unha ruta para seguir cos principais puntos, información extra e fotos.
- Trípticos: como elemento de difusión da ruta. Elaborámolo en catro linguas diferentes.
- Puntos de realidade aumentada e xogo de pistas: este é un dos elementos diferenciadores do noso proxecto. Neste vídeo podedes ver a montaxe das placas en 3D:
Os alumnos tamén están a realizar debuxos e ilustracións para incluír, aquí deixamos algúns exemplos:
Todo o traballamos cun enfoque de alfabetización informacional, que explicamos:
Os alumnos de 1º da ESO buscaron no rueiro e na realidade os puntos relacionados con Valle-Inclán en Vilanova. Esa información pasouse aos alumnos de 2º da ESO, que investigou e buscou información para crear os textos e facer resumos. En 3º e 4º da ESO elaboráronse textos para a web que se volveron a pasar a 2º da ESO para a súa revisión.
Desta maneira conseguimos información e textos adaptados a cada un dos soportes que imos utilizar: google maps, tríptico e web.
Os alumnos tamén se encargaron da tradución dos textos a catro idiomas distintos.
Así avanza o noso proxecto, iremos contando máis en sucesivos post.