Iciar Carricajo, profesora responsable do proxecto coméntanos os avances.
A nosa produtora PALE, creada e xestionada polos alumnos que cada ano pasan por 4ºESO, pechou o pasado curso 2015/16 cun proxecto sólido e de futuro. Como broche final a un ano de moito esforzo e traballo, a nosa produtora estreou no mes de xuño o documental "Me llamo Daniel", levando á pantalla o traballo dos nosos alumnos de 3ºESO no proxecto co mesmo nome.
#mellamodaniel
Con estes antecedentes, arrincamos en setembro o presente curso co entusiasmo que regala o traballo ben feito e a satisfacción de servir como ferramenta a tantos e tantos proxectos do centro.
Ilusionados co material recentemente chegado e aprendendo cousas novas cada día, enfrontámonos neste primeiro trimestre a un reto diferente. Abandonamos o formato de longa duración e poñémonos ao servizo dun novo proxecto, "Desde el pupitre de Daniel".
Os alumnos abordan a difícil tarefa de crear material audiovisual que sirva como punto de partida para unha reflexión nas nosas aulas sobre o "Acoso Escolar". E todo iso en tan só 1 minuto.