5 xaneiro 2018

CRE.AP.CIÓN 4.0: Ningún neno hospitalizado sen atención educativa

No proxecto "CRE.AP.CIÓN 4.0", premiado no IV Concurso Proyecta Innovación, colaboran o CEIP de Viñagrande Deiro, o CEP Santa Tegra e o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Un proxecto piloto en Galicia para que procura que calquera alumno hospitalizado en idade de escolarización obrigatoria reciba a debida atención educativa.

  • #proyectainnovación
2 xaneiro 2018

Tecnoloxía e programación ao servizo da Ciencia no CEIP Valle Inclán (O Grove)

Mans de Terra”, un proxecto ecolóxico-tecnolóxico baseado na confianza e o traballo cooperativo, que durante este curso evolucionou a “Experimento VI: Ciencia e Tecnoloxía”. Estudan fenómenos relacionados coas ciencias naturais, experimentan con diferentes cultivos e crean ferramentas que faciliten diversas medicións como a análise meteorolóxica.

  • #proyectainnovación
21 decembro 2017

Cadeiras de rodas solidarias no Colexio Hogar Afundación

No proxecto "FP Sobre Ruedas" participan alumnos voluntarios dos ciclos de Artes Gráficas, Electrónica e Mecánica. Recuperan, adaptan e personalizan cadeiras de rodas eléctricas en colaboración coa Asociación Dano Cerebral Alento, fomentando a iniciativa, a solidariedade e o emprendemento. 

  • #proyectainnovación
3 novembro 2017

Como imaxinas a túa aula dentro de 10 anos?

Durante o InspiraTICs do pasado 26 de outubro, da man de Javier Bronchalo, realizamos unha serie de dinámicas que xeraron reflexións e opinións que se puxeron en común. Aquí podedes ver unha recompilación dalgunhas das ideas que xurdiron durante o encontro.

  • #InspiraTICs
30 outubro 2017

Entrega de premios do IV Concurso Proyecta Innovación

O pasado 26 de outubro, ao finalizar o X Encontro InspiraTICs para profesores "Reflexiones sobre innovación", os directores de ambas as Fundacións entregaron os premios aos catro proxectos gañadores do IV Concurso Proyecta Innovación.

  • #proyectainnovación
24 xullo 2017

Currículo Móbil

Juanjo Vergara, a través dunha anécdota ocorrida no seu centro, trasládanos a unha realidade moi próxima sobre a percepción dos móbiles na aula. Desenmascara as diferentes opinións entre o profesorado e conclúe cunha pregunta para a reflexión.

21 xullo 2017

Realidade Aumentada e Realidade Virtual non son o mesmo

Observamos certa confusión sobre ambos termos, por ese motivo decidimos facer un pequeno post aclaratorio co que cremos é a diferenza fundamental entre Realidade Aumentada e Realidade Alternativa. Incluímos ademais unha infografía bastante completa para ilustrar todas as súas diferenzas.

28 xuño 2017

Festival audiovisual no IES As Barxas

O 22 de xuño acudimos o VII Festival Audiovisual As Barxas, titulado este ano como +Arte, o cal serviu como broche final ao proxecto Transformando realidades. Proxecto premiado por no III Concurso Proxecta Innovación, onde IES As Barxas creou e xestionou un centro de arte contemporánea.

 

  • #actualidad
  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
8 xuño 2017

O ABP, Aprendizaxe Servizo e a disciplina STEAM triunfan en Proyecta Innovación.

O xurado tívoo complicado, o nivel era moi alto, pero finalmente fallou destacando catro proxectos gañadores desta edición: "Paisaxe vivida. 3D Galician Landscape", do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, A Coruña. "Mans de terra. A por la Frambuesa!" do CEIP Vale Inclán de O Grove. "CRE.AP.CION 4.0" do CEIP de Viñagrande de Deiro e do CEP Santa Tegra de Teis. "FP sobre ruedas" do Colexio Fogar Afundación de Vigo. Todos recibirán o 100% do financiamento solicitado.

  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
2 maio 2017

Carreira Solidaria de MakerSchool

O IES de Meaño pon o broche final o seu proxecto MakerSchool, gañador do II Concurso Proyecta Innovación, cunha carreira solidaria e talleres sobre; robótica, impresión e modelado 3D. O evento, que se celebrará o 26 de maio, está aberto a todos os alumnos e profesores que desexen acudir.

14 marzo 2017

Aprendizaxes de activistas instantáneos

O pasado 7 de marzo pasámolo xenial no InspiraTICs “Look to the future”. Ademais de aprender unha nova metodoloxía, profundamos nos aspectos esenciais de “O Activista Instantáneo”, actividade propia de Design for Change. Traballamos o pensamento crítico, o pensamento creativo, reflexionamos, traballamos en equipo e pasamos á acción. Comprendemos que o foco está no proceso.
  • #InspiraTICs
2 marzo 2017

Empoléirate na Ciencia - deseño e fabricación de pezas en 3D

Expoñen, bocetan, deseñan e fan realidade unha nova materia no centro. O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, un dos gañadores do pasado Concurso Proyecta Innovación, traballa a fabricación de pezas en 3D nas materias de Debuxo técnico II e Tecnoloxía industrial II cos alumnos de 2º de bacharelato.
  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
8 febreiro 2017

Intraemprendedor educativo; Innovación e emprendemento na educación.

¿Soeñas esperto? ¿Tes un bo proxecto disruptivo no teu centro e a súa implementación é unha auténtica innovación educativa? ¿queres compartilo? ¿Queres facelo crecer? ¿Tienes un buen proyecto disruptivo en tu centro y su implementación es auténtica innovación educativa? ¿quieres compartirlo? ¿quieres hacerlo crecer? ¿buscas apoyo, consejo o compañeros de viaje?
  • #proyectainnovación
7 febreiro 2017

Transformando realidades. Un museo de Arte Contemporáneo no IES As Barxas.

Transformando Realidades, proxecto gañador do III Concurso Proyecta Innovación, do IES As Barxas de Moaña. Centraronse no poder transformador do arte para reflexar e transformar realidades, comunicar , concienciar e emocionar. Cun papel activo do alumnado como productores e distribuidores do arte. 
  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación
3 febreiro 2017

Xogando aos oficios con Minecraft. Proxecto de Primaria

Querían que o alumnado aprendera facendo algo que lle gustaba e que coñecían incluso mellor que os propios profesores: usando Minecraft na etapa de Primaria. Estan a construir os sectores económicos con cadradiños. Un bó exemplo dun novo entorno ensino-aprendizaxe. María Ces, profesora responsable do proxecto nos comenta os avances durante o primeiro trimestre do curso 2016-17. 
  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación
30 xaneiro 2017

Buscando a Valle, novo servicio turístico para Vilanova de Arousa creado polos alumnos.

Os alumnos do IES Faro dás Lúas convertéronse en promotores turísticos de Vilanova de Arousa e a figura de Valle-Inclán como elemento principal. "Buscando a Valle" é un proxecto multidisciplinar, premiado cun accésit no III Concurso Proyecta Innovación, que xa se está facendo realidade: rutas, vídeo, deseño en 3D para promocionar Vilanova.
  • #proyectainnovación
25 xaneiro 2017

Aprendendo de Daniel. Proxecto PALE

O proxecto PALE, gañador dun accésit no III Concurso Proyecta Innovación, avanza. Os alumnos están implicados e aprendendo cousas novas todos os días. Daniel é o seu mellor amigo durante esta tempada. Descobre máis sobre o proxecto e o que fan no centro.
  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación
3 novembro 2016

Consellos para o profesor do futuro

Deixámosvos unha recopliación dos mellores consellos que nos deixaron os asistentes a InspiraTICs o pasado 27 de outubro. Motivación, ilusión e moita enerxía positiva.
  • #InspiraTICs
  • #actualidad
  • #docentesinnovadores
2 novembro 2016

A historia de M.

No encontro InspiraTICs do pasado 27 de outubro creamos, no taller de Juan de Vicente, unha historia colectiva. "M" podía ser Marta ou Manuel, podía cantar, bailar, angustiarse, ilusionarse ou innovar...
  • #InspiraTICs
  • #docentesinnovadores
12 outubro 2016

Centros galegos innovadores

Os gañadores do “II Concurso Proyecta Innovación (2014-15)” ensínannos a posta en marcha e implimentación dos seus proxectos durante o pasado curso (2015-16).
  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
11 outubro 2016

Día mundial dos docentes

O pasado 5 de outubro celebramos o día mundial dos docentes. Grazas pola vosa paixón e empeño por facer algo grande cada día.
  • #noticias
14 xuño 2016

Gañadores do III Concurso Proyecta Innovación

Presentamos aos gañadores do III Concurso Proyecta Innovación! Tras a defensa dos 10 proxectos finalistas no VI Encontro InspiraTICs do pasado 26 de maio e tomando como referencia os criterios de valoración que constan nas bases do certame, o xurado decidiu premiar a 3 dos proxectos coas seguintes contías:
  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación
20 maio 2016

O Certame Proyecta D+I xa ten gañador

Juan de Vicente Abad, Profesor de Secundaria e orientador do centro, experto na resolución de conflitos, interculturalidade e convivencia escolar, é o gañador da primera edición do Certamen Proyecta D+I.
  • #Proyecta D+I
  • #docentesinnovadores
5 maio 2016

Finalistas do Certame Proyecta D+I

Os finalistas do Certame Proyecta D+I foron elixidos a partir de 213 candidaturas de profesores de todas as etapas educativas preuniversitarias en España. A elección foi difícil debido ao alto nivel das candidaturas presentadas. O perfil dos dez finalistas é representativo da heteroxeneidade das propostas recibidas.
  • #Proyecta D+I
  • #docentesinnovadores
13 abril 2016

Un comité de selección de primeira

O comité de selección, encargado de avaliar aos candidatos finalistas no Certame Proyecta D+I, está composto por cinco expertos relevantes en materia de Educación e Innovación: José Antonio Marina, María Acaso, Fernando Trujillo, Alejandro Tiana e Carmen Delia García-Fuentes.
  • #actualidad
  • #Proyecta D+I
  • #docentesinnovadores