InspiraTICs é unha iniciativa educativa conxunta da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, ambas as institucións con sede na Coruña, España, que tenta fomentar a innovación no ámbito educativo e a mellora da calidade do ensino.
InspiraTICs propón á comunidade educativa a utilización de ferramentas, recursos e titoriais, así como actividades para mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe, coa intención de axuntar creatividade, aprendizaxe, innovación e tecnoloxía.